Sede electrónica Concello de Vilasantar

07:24:49 Venres 22 de novembro 2024
Estás en:

Detalle trámite

Declaración Responsable de Festas e Verbenas Populares, espectáculos e actividades recreativas

Declaración Responsable de Festas e Verbenas Populares, espectáculos e actividades recreativas

Preferentemente de forma telemática a través do botón "Iniciar trámite" achegando a documentación requerida no apartado de documentación. Se o interesado non utiliza a vía telemática, poderá descargar os impresos normalizados do mesmo apartado documentación.

No caso de Declaración Responsable de Festas e Verbenas populares (organizador):

  • Modelo de Declaración Responsable de Festas e Verbenas Populares.
  • Programa de actividades e características destas (coa identificación do evento para o que se solicita a autorización, con expresa indicación das datas de celebración, achegando un plano indicativo do espazo acoutado onde se celebrará).
  • Certificado da instalación de baixa tensión de conexión coa rede.
  • Comunicación á Delegación ou Subdelegación do Goberno se así o require a normativa e a comunicación a AESA do lanzamento de fogos de artificio, se é o caso.
  • Compromiso de contratación dunha póliza de seguro de responsabilidad civil, co capital mínimo previsto na Disposición Transoria 3a da Lei 10/2017, do 27 de decembro, de espectáculos e actividades recreativas de Galicia, que cubra, de acordo co artigo 8 da citada norma, a responsabilidade civil que sexa imputada directa, solidaria ou subsidiariamente ás persoas titulares ou organizadoras e que cubra os danos persoais ou materiais e os prexuízos ocasionados a usuarios ou asistentes e os seus bens, producidos como consecuencia da xestión ou explotación da actividade ou das accións do persoal ou empresas subcontratadas.
  • Certificación da compañía aseguradora, en exemplar orixinal, na que, en cumprimento do previsto no artigo 8 da Lei 10/2017, do 27 de decembro, de espectáculos públicos e actividades recreativas de Galicia, se faga constar de forma expresa, que a persoa declarante/titular ten subscrita unha póliza de seguro que da cobertura á responsabilidade civil que sexa imputada directa, solidaria ou subsidiariamente ás persoas titulares ou organizadoras e que cubra os danos persoais ou materiais e os prexuízos ocasionados a usuarios ou asistentes e os seus bens, producidos como consecuencia da xestión ou explotación da actividade ou das accións do persoal ou empresas subcontratadas; farase constar, asímesmo, o capital mínimo da póliza e que o subscritor consta ao día no  pagamento das primas, todo iso en aplicación da Disposición Transitoria. 3a da Lei 10/2017, citada. NO CASO DE CONTAR XA COA PÓLIZA DE SEGURO.

 No caso de ser o Titular da estructura ou instalación non permanente desmontable:

  • Modelo de Declaración Responsable do titular da estructura.
  • Autorización, informe ou declaración ambiental que proceda, de confomidade coa normativa específica de aplicación.
  • Proxecto e documentación técnica que resulte esixible segundo a natureza da actividade (Enténdese por proxecto o conxunto de documentos que definen as actuacións a desenvolver, co contido e detalle que permita á Administración coñecer o seu obxecto e determinar o seu axuste á normativa urbanística e sectorial de aplicación, e virán redatados e asinados por persona técnica competente).
  • Certificación da compañía aseguradora ou do axente de seguros, xustificativa de que o solicitante ten subscrito un seguro de responsabilidade civil. No certificado deben constar, expresamente, os seguintes datos:
    • Identificación completa da persoa asegurada e número de póliza.
    • A cobertura (natureza e descrición do risco cuberto), nos termos previstos no artigo 8 da Lei 10/2017, do 27 de decembro, deespectáculos públicos e actividades recreativas de Galicia.
    • A contía do capital asegurado, conforme aoS criterios establecidos na disposición transitoria 3ª da Lei 10/2017.
    • Período de vixencia do seguro e a data de pagamento da póliza que acredite a súa formalización.
    • Descrición do espectáculo ou da actividade cubertos. Lugar e datas de celebración ou exercicio da actividade amparados.
  • Documento acreditativo da dispoñibilidade do establecemento ou espazo aberto ao público en calidade de propietarios/as ou arrendatarios/as ou en virtude de calquera outro título xurídico.
  • Certificado, acta ou informe de conformidade emitido polas entidades de certificación de conformidade municipal reguladas na presente lei, se é o caso.
  • Documento acreditativo da designación, por quen presente a declaración, da persoa física ou xurídica que asume a responsabilidade técnica da montaxe, uso e desmontaxe da instalación.
  • O marcado CE e a declaración CE de conformidade das instalacións e o certificado da instalación de baixa tension de conexión coa rede.
  • No caso de instalación de equipos inchables, documento acreditativo do fabricante do inchable onde se especifique o número de serie, nome ou denominación e o texto que acredita que se cumpre a normativa de construción deste.
  • Calquera outra documentación esixida pola normativa de aplicación.

Nome: Declaración Responsable de Festas e Verbenas Populares, e Atraccións para festas.

Inicio do procedemento: A instancia de parte.

Tipo de interesado: Persoa física ou xurídica.

Canles de atención: Telemático (Iniciar trámite).

                                      Presencial.