Sede electrónica Concello de Vilasantar

22:01:19 Sábado 21 de setembro 2019
Estás en:

Detalle trámite

Licenza para a talla de árbores

O procedemento de "solicitude de licenza para a talla de árbores" regula a concesión, por parte do Concello, de autorización para proceder ao corte, depósito e transporte de madeira nunha determinada localización xeográfica e por un tempo determinado.

Persoas físicas e/ou xurídicas que desexen solicitar licenza para corte, depósito e transporte de madeira dentro do termo municipal.

Preferentemente de forma telemática a través do botón "Iniciar trámite". Se o interesado non utiliza a vía telemática, poderá descargar o impreso ou impresos dende esta páxina ou acudir ao rexistro do Concello, onde lle facilitarán o dito impreso/s normalizado/s para presentar.

  • Solicitude de licenza para a talla de árbores.
  • Autorización da Xunta de Galicia. Autorización para proceder á corta, expedida pola Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia.
  • Plano de situación. Plano detallando a localización xeográfica onde se realizará a corta, e zonas de ocupación da vía pública, se fose necesaria.
  • Xustificante de presentación dunha fianza a favor do Concello, co fin de responder do amaño dos danos que puideran producir nas vías ou a súa limpeza.

Nome: Licenza para a talla de árbores (corte, depósito e transporte de madeira).

Unidade tramitadora: Urbanismo.

Inicio do procedemento: Inicio por instancia de parte.

Tipo de interesado: Persoa física ou xurídica.

Órgano de resolución: Alcaldía.

Carácter silencio administrativo: Silencio negativo.

Prazo de execución: A solicitude de autorización entregarase como mínimo un mes antes do inicio dos traballos. A súa concesión poderá estar suxeita ás restricións temporais ou condicións técnicas motivadas que decida o Concello.

Recurso aplicable: Potestativo de reposición / Contencioso - administrativo.

Taxas/impostos: Ver a ordenanza reguladora das operacións forestais de corta, depósito e transporte de madeira no Concello.

Canles de atención: Telemático (Iniciar trámite).

                                       Presencial.